InicioSociedadeDeputación remitirá ao Concello de Vigo un protocolo para cooperar no impulso...

Deputación remitirá ao Concello de Vigo un protocolo para cooperar no impulso de Balaídos como sede do Mundial

O goberno vigués redactará o seu propio protocolo para esixir a Xunta e Deputación compromisos concretos de financiamento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, anunciou este venres que remitirá ao Concello de Vigo un protocolo de colaboración conxunto para conseguir que o estadio municipal de Balaídos sexa unha das sedes do Mundial de fútbol do ano 2030 que se celebrará en España, Portugal e Marrocos.

Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Provincial, Luís López sinalou que agora se entra “en momentos importantes para decidir o futuro da candidatura”, e por iso asegurou que “a Deputación quere facer todo canto estea na súa man para que Vigo sexa sede do Mundial en 2030”.

Para lograr este obxectivo, Luís López dixo que o goberno provincial espera que “todos” estean “á altura do reto”, para “contribuír a ese obxectivo común” que se persegue.

O anuncio desta proposta de colaboración ao Concello de Vigo chega “unha semana despois de reiterar esa vontade da Deputación de apoiar a candidatura, tamén no aspecto económico” e horas despois de que a Xunta confirmase que tamén remitiu aos Concellos de Vigo e A Coruña os protocolos de actuación para garantir a colaboración institucional e, se algunha das dúas cidades é designada sede do Mundial, a achega económica por parte da administración autonómica.

Na mesma liña, o presidente da Deputación explicou que o protocolo que se enviará por parte da institución provincial busca adquirir o compromiso para que Balaídos poida “cumprir as esixencias da FIFA”, ademais de establecer “un marco de colaboración institucional” entre as administracións participantes que sexa “fluída e reglamentada”, e tamén “reflectir a obrigación do Concello de remitir toda a documentación imprescindible sobre as reformas adicionais precisas” no estadio municipal.

A “aposta firme” da Deputación de Pontevedra para facer de Balaídos unha das sedes mundialistas é unha mostra do obxectivo que persegue o goberno provincial para atraer á provincia competicións deportivas do máis alto nivel, destacou.

RESPOSTA DO CONCELLO DE VIGO

Pola súa banda, o goberno municipal de Vigo esixiu a Xunta e Deputación que concreten investimentos económicos para impulsar a candidatura de Balaídos. Nun audio gravado e remitido aos medios, o concelleiro de Fomento e Servizos, Javier Pardo, referiuse ao protocolo de cooperación remitido pola Xunta e do que sinalou que “non menciona para nada o financiamento” que debería achegar o goberno galego para impulsar a candidatura de Balaídos como sede do Mundial. “Non contribúen economicamente á formulación da cidade de Vigo”, criticou.

O edil socialista avanzou que o Concello olívico redactará o seu propio protocolo, que remitirá a Xunta e Deputación de Pontevedra, “con compromisos de financiamento”.

ÚLTIMAS

O Marisquiño chega o seu final cun domingo decisivo para os títulos deportivos e o concerto de L0rna

A 26ª edición do festival de deportes e música urbana O Marisquiño chega ao...

Recuperar Vigo para a cidadanía

Hai cidades que avanzan porque son capaces de aproveitar o talento colectivo da súa...

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...

Retencións e tráfico lento na AP-9 á saída de Vigo tras unha colisión entre polo menos cinco coches

Os túneles da Madroa da AP-9 volveron a ser o escenario dunha nova colisión...