InicioSociedadeCapitanía Marítima inspeccionou 723 buques en 2023 e emitiu case 2.000 certificados...

Capitanía Marítima inspeccionou 723 buques en 2023 e emitiu case 2.000 certificados de navegabilidade

Incrementou tanto a actividade inspectora como o rexistro de buques, que foi paralelo ao aumento de barcos construídos nos estaleiros de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Capitanía Marítima de Vigo inspeccionou o pasado ano un total de 723 buques e emitiu case 2.000 certificados de navegabilidade, nun exercicio no que se incrementou tanto a actividade inspectora como o rexistro de buques.

O subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, Abel Losada, visitou este xoves as instalacións de Capitanía Marítima, onde coñeceu o labor que leva a cabo desde este organismo, desde onde se ordena e vixía o tráfico de buques, e que vea pola seguridade marítima nas rías de Vigo e Pontevedra, nas que entran cada ano máis de 8.000 barcos nos portos estatais (Vigo e Marín).

Losada puxo en valor o labor de Capitanía, que o ano pasado tramitou un total de 4.313 expedientes de rexistro de buques no ámbito da súa demarcación, un 15 %. O incremento foi paralelo ao aumento de barcos construídos nos estaleiros de Vigo, así como de buques que chegaron para ampliación reparación, o que se traduciu tamén nun maior labor de inspección.

En total, desde Capitanía Marítima inspeccionáronse o ano pasado 723 buques e emitíronse 1.975 certificados de navegabilidade; realizáronse 54 inspeccións a buques estranxeiros arribados a Vigo e Marín para a emisión do Memorandum of Understanding (MOU) e fixéronse 10 inspeccións da ‘Lista Branca’ (actuacións preventivas en barcos españois que partiron a portos estranxeiros para ser sometidos a revisión MOU).

Con respecto á actividade sancionadora, tramitáronse 185 expedientes derivados de 355 denuncias recibidas en 2022. En total, o 31 % correspondíanse con infraccións leves, un caso foi elevado á Audiencia Nacional, e 8 foron arquivados. A contía das sancións impostas en 2023 superou os 1,2 millóns de euros.

Abel Losada tamén lembrou que nesta oficina se expediron ou renovaron case 500 títulos e case 800 cartóns profesionais, 2.356 certificados de suficiencia e formación marítima, 307 cadernos de navegación e 749 documentos de identidade do mariño (DIM), entre outros.

No relativo ao despacho de buques, o subdelegado recoñeceu o importante labor da Capitanía para comprobar que as embarcacións cumpren todos os requisitos legais para navegar. Durante 2023, o organismo ordenou a paralización temporal de 109 buques e a paralización definitiva de 2; así mesmo, tramitou 9.880 expedientes de enrolamento e desenrolamento de tripulantes.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...