InicioSucesosDenunciado un veciño de Vigo por furtar unha aspiradora e un soplador...

Denunciado un veciño de Vigo por furtar unha aspiradora e un soplador dun operario municipal de limpeza

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron e denunciaron a un home, V.P.P., de 39 anos de idade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron e denunciaron un veciño da cidade, V.P.P., de 39 anos de idade, como presunto autor do furto dunha aspiradora e un soplador pertencentes ao servizo municipal de limpeza.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron sobre as 13,00 horas do pasado 17 de febreiro, cando un operario municipal contactou co 092 para denunciar que, mentres estaba a traballar nas inmediacións da gasolineira de O Berbés, alguén subtraera do seu camión unha aspiradora e un soplador, valorados nuns 1.500 euros.

Unha dotación desprazouse á zona e, grazas ás imaxes das cámaras de seguridade da estación de servizo, os axentes puideron comprobar que un home, que ía nun turismo, apeouse do coche e dirixiuse ao camión do servizo de limpeza, de onde colleu as ferramentas. A continuación, o coche renovou a marcha en dirección ás instalacións portuarias e alí, o mesmo home, foi a un dos almacéns portuarios e, tras abrir cunha chave, deixou un vulto no interior.

A Policía inspeccionou as instalacións e localizou o coche do sospeitoso. Coa colaboración da Policía Portuaria, procedeuse á apertura do almacén e atopouse a sopladora supostamente furtada.

O propietario do almacén explicou aos axentes que só el, o seu irmán e un empregado teñen chave do local, e a Policía comprobou que o vehículo gravado polas cámaras da gasolineira é propiedade dese empregado, polo que se procedeu a denuncialo por estes feitos. Ademais, o coche foi trasladado a dependencias municipais para ser inspeccionado.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...