InicioSucesosDetido en Vigo un mozo por dúas supostas agresións a senllos homes...

Detido en Vigo un mozo por dúas supostas agresións a senllos homes nun local de lecer

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un mozo de 22 anos de idade, F.J.C.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un mozo de 22 anos de idade, F.J.C., como presunto autor de dous delitos de lesións, tras agredir a senllos mozos nun local de lecer da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste martes, cando unha patrulla que circulaba pola rúa Areal foi requirida por varios transeúntes, porque uns mozos agrediran a varias persoas preto dunha discoteca na rúa Pontevedra.

Os axentes dirixíronse a estes mozos para identificalos e, cando estaban a realizar este trámite, un home presentouse e sinalou a un dos individuos, asegurando que lle propinou unha puñada no interior do establecemento, causándolle un corte profundo no beizo.

Así mesmo, achegouse outro home aos policías, para sinalar ao mesmo mozo, e explicar que lle deu un golpe na cara sen mediar palabra, cando estaba na porta da discoteca. Como consecuencia da agresión, a vítima presentaba varias pezas dentais rotas.

Os dous prexudicados foron atendidos no lugar e trasladados posteriormente a un centro sanitario para unha mellor valoración. Mentres, os axentes procederon á detención do presunto autor das agresións, que recoñeceu ser autor dos golpes e que proferiu ameazas de morte a outro mozo que estaba nas proximidades.

ÚLTIMAS

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...