InicioSucesosRescatan o cadáver dunha muller en augas do Porto de Vigo

Rescatan o cadáver dunha muller en augas do Porto de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos de bombeiros de Vigo rescataron na madrugada deste mércores o corpo sen vida dunha muller en augas do Porto, aínda que fontes policiais precisaron que o cadáver non presentaba signos de violencia.

O 112 Galicia informou de que un particular contactou con emerxencias, sobre as 00,40 horas, para avisar de que vía un corpo flotando na auga. O CIAE 112 avisou a Salvamento Marítimo, Servizo de Garcostas, 061 e Bombeiros de Vigo, que foron quen rescataron o corpo facendo uso dunha embarcación. Tamén foi informada a Autoridade Portuaria de Vigo, a Policía Nacional, Policía Local, Garda Civil e Protección Civil.

Membros dos equipos de Policía Xudicial e Policía Científica investigan as circunstancias do falecemento, e fontes consultadas por Europa Press apuntaron que o cadáver podería levar varios días no mar.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...