InicioMedio Ambiente e PatrimonioApuntan aos comuneiros de Cabral de botar entullos no monte sen constancia...

Apuntan aos comuneiros de Cabral de botar entullos no monte sen constancia de licenza

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Veciños e Empresarios de Cabral (Aveeca) denunciaron ante o Concello de Vigo a acumulación de toneladas de xabre na zona do monte de Cotogrande, sen a constancia da existencia de licenza algunha para eses traballos. Apuntan directamente aos comuneiros de Cabral.

Nun comunicado, Aveeca explicou que este material se está situando nunha parcela na que se desenvolve o programa Verdear da asociación de loita contra a droga Alborada. “Estes recheos levan ocorrendo tempo atrás, pero nas últimas semanas detectouse un notable incremento, sen que se aprecie na área afectada indicación algunha sobre a existencia de licenza para a execución deses traballos”, indicou Aveeca, alertando de que podería tratarse “dunha nova actuación irregular relacionada coa Comunidade de Montes en Man Común de Santa Mariña de Cabral“.

No seu escrito ao Concello, Aveeca alerta de que, ademais de que se está modificando a rasante e o estado natural da zona, hai unha torre de alta tensión á beira das verteduras, “o que pode incrementar o perigo dos recheos”.

ÚLTIMAS

(Fotogalería) As mellores imaxes dunha noite máxica: Vigo acende o Nadal 2026

Vigo volveu converterse este sábado no epicentro do Nadal cun espectacular acendido que reuniu...

“Todo o planeta” xa pode gozar do Nadal de Vigo

A cidade de Vigo acendeu este sábado as súas luces para dar comezo así...

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatada unha persoa tras envorcar o vehículo que conducía en Redondela

Unha persoa foi rescatada en Redondela tras sufrir un accidente no que o seu...