InicioSociedadeAcepta 4 anos e medio de cárcere un vigués que vendía droga...

Acepta 4 anos e medio de cárcere un vigués que vendía droga a través de empresas de paquetería

Condenado por un delito contra a saúde pública na modalidade de sustancias que causan graves danos á saúde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un vigués aceptou 4 anos e medio de cárcere e unha multa de 100.000 euros por vender droga que enviaba a través de empresas de paquetería. Así se acordou nunha vista de conformidade celebrada na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, sendo condenado por un delito contra a saúde pública na modalidade de sustancias que causan graves danos á saúde.

Segundo recollía o escrito do Ministerio Fiscal, o procesado dedicábase, polo menos desde principios de 2022, á venda de sustancias estupefacientes e medicamentos. Facíao tanto de maneira presencial, na área de Vigo, utilizando para iso o seu coche, como noutras localidades, “a través de empresas de transporte” e paquetería.

O home foi interceptado no seu vehículo en xullo de 2022 por axentes das forzas da orde, que interviñeron no coche máis de 2.500 euros en efectivo e distintas cantidades de cocaína, metanfetamina e MDMA, así como tres talonarios dunha empresa de paquetería e 25 sobres prepagamento para envíos.

No domicilio do acusado tamén se localizaron distintas cantidades de cocaína, resina de cannabis, MDMA, metanfetamina, pastillas de sildenafilo e piracetam, unha sustancia que se utiliza como adulterante. Tamén se achou outro talonario dunha empresa de paquetería.

En maio de 2022, o home abrira unha conta corrente ao seu nome onde el mesmo e outras persoas, supostamente os que adquirían a droga, realizaron distintos ingresos ata un total de 25.670 euros. O Ministerio Público pedía, no seu escrito de acusación, catro anos e medio de prisión para o acusado, así como o pago dunha multa de 100.000 euros. Finalmente estas penas foron aceptadas. Tamén se comisó o vehículo interceptado e o diñeiro que había no mesmo, así como o que estaba depositado na conta bancaria do condenado.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...