InicioSucesosDetido un home en Vigo por exhibicionismo e provocación sexual tras mostrar...

Detido un home en Vigo por exhibicionismo e provocación sexual tras mostrar os seus xenitais a unha nai e a súa filla

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron nas últimas horas a un home de 36 anos de idade, J.D.F.G.G.., como presunto autor dun delito de exhibicionismo e provocación sexual.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a pasada noite, cando unha patrulla que circulaba pola zona foi requirida para acudir á Travesía de Vigo, ante a presenza dun home que estaba a molestar e increpando a unhas mozas.

Ao chegar ao lugar, os axentes observaron a un tumulto de xente que rodeaba a un home quen, ao decatarse da presenza policial, fuxiu á carreira. Os policías conseguiron interceptalo na rúa Mestre Chané.

As testemuñas explicaron que, momentos antes, ese home saíra dun local tirando unha cadeira polo aire e que, a continuación, levando nas mans unha lousa dunha cafetaría, achegouse a unha muller e á súa filla menor de idade, e ameazou con golpearlles a cabeza.

Ambas quedaron inmóbiles, presas do medo, e o home abriuse a cremallera do pantalón e mostroulles o pene, mentres se facía tocamentos e propúñalles manter relacións sexuais.

Varias persoas foron testemuñas do ocorrido, algunhas delas, menores de idade. Por estes feitos procedeuse á detención do home, como presunto autor dun delito de exhibicionismo e provocación sexual.

ÚLTIMAS

O afundimento dun pesqueiro portugués en Bouzas obriga a despregar barreiras anticontaminación

O afundimento dun pesqueiro portugués abandonado, que se atopaba atracado na dársena de Bouzas,...

Vigo convértese no epicentro da oncoloxía de precisión coa reunión de 150 expertos nacionais

A sede de Afundación en Vigo acolle este xoves e este venres o VIII...

A comunidade educativa mobilízase en seis concellos da área de Vigo contra os recortes no ensino

Federacións de Anpas, Asembleas Abertas do Ensino Público e outros colectivos da comunidade educativa...

Caballero levará ao Goberno as “trampas” da RFEF e acusa á Xunta e ao PP de frear a candidatura de Vigo ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que manterá o próximo 2 de marzo...