InicioSucesosDetido en Vigo o suposto autor dunha agresión sexual a unha muller...

Detido en Vigo o suposto autor dunha agresión sexual a unha muller no portal dun edificio

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un axente de Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela, que estaba libre de servizo, detivo a un home como presunto autor dunha agresión sexual a unha muller cometida momentos antes nun portal dun edificio.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a principios de xaneiro, cando este axente regresou ao seu domicilio e un veciño comunicoulle que unha familiar cercaba acababa de ser agredida sexualmente no portal do edificio.

Pola descrición que lle achega a vítima, o policía decátase de que o agresor podería ser un home co que se acababa de cruzar uns metros antes de chegar á súa casa. Así, o axente decidiu saír en busca do sospeitoso.

Finalmente, puido localizar ao presunto agresor nun parque próximo, e procedeu á súa detención. O investigado foi posto a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...