InicioSociedadeA Valedora do Pobo pide explicacións ao Concello por negar ao PP...

A Valedora do Pobo pide explicacións ao Concello por negar ao PP acceso a documentos públicos

Os 'populares' denuncian que o Concello asinou ata 30 contratos menores á mesma empresa en 2023.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Valedora do Pobo admitiu a trámite dúas queixas presentadas polo concelleiro ‘popular’ do Concello de Vigo Fernando G. Abeijón referidas a a información dos contratos menores de 2023 e do plan de emerxencias do Nadal, ao non permitirlle o goberno local ter acceso aos devanditos documentos.

Así, a institución que dirixe María Dores Fernández Galiño iniciou as “actuacións oportunas” co Concello de Vigo para requirirlle, no prazo de 15 días, a información sobre os problemas que motivan as queixas do PP.

Nun comunicado, os ‘populares’ criticaron que o goberno de Abel Caballero se negase a proporcionarlles os contratos menores asinados en 2023 con varias compañías, profesionais ou entidades. “Nalgúns casos, atopamos máis de 25 ou 30 contratos concedidos a unha mesma empresa”, advertiu Abeijón.

Ademais, o PP lamentou que o Concello pretende “obstaculizar o labor da oposición”, ao ocultar a documentación do plan de emerxencias do Nadal, a pesar de que o obxectivo é “clarificar que ocorreu co nomeamento e posterior renuncia do responsable do plan de emerxencias do Nadal de Vigo”

“Como sempre nestes casos, preguntámonos que oculta o goberno de Caballero para impedir o acceso a esta documentación”, incidiu o edil ‘popular’, lembrando que os socialistas vigueses son “reincidentes”, xa que esta situación deuse noutras ocasións.

ÚLTIMAS

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...