InicioMedio Ambiente e PatrimonioInvestigadores da UVigo lideran un proxecto de reciclaxe de vidro con tecnoloxía...

Investigadores da UVigo lideran un proxecto de reciclaxe de vidro con tecnoloxía de transformación láser

Investigadores da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo (UVigo) lideran un proxecto de reciclaxe de vidro a través do desenvolvemento dunha innovadora tecnoloxía de transformación láser.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Investigadores da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo (UVigo) lideran un proxecto de reciclaxe de vidro a través do desenvolvemento dunha innovadora tecnoloxía de transformación láser.

En concreto, esta iniciativa está liderada polo grupo de Aplicacións Industriais do Láser, LaserON, e trátase dun proxecto europeo denominado EverGLASS, que conta con socios de Eslovaquia, Alemaña e Francia, e con representación española por parte do CSIC.

O obxectivo de EverGLASS -The new role of glass in a sustainable society. Technology for the integral recycling of glass- é transformar a reciclaxe e a utilización de residuos de vidro mediante o desenvolvemento desta tecnoloxía láser, segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI).

Así, a idea é integrar a reciclaxe no proceso de fabricación de produtos de vidro a medida, ofrecendo unha solución aos desafíos ambientais asociados cos residuos de vidro. A tecnoloxía permitirá aos usuarios introducir residuos nunha nova máquina e seleccionar o novo produto a obter.

Cos profesores Juan Pou e Rafael Comesaña á cabeza, o proxecto conta cun orzamento de case 3 millóns de euros, dos cales uns 783.750 euros son para a UVigo, tras ser seleccionado na convocatoria EIC Pathfinder Open no marco do Horizon Europe.

Precisamente este mércores celebrouse en Vigo a reunión de lanzamento de EverGLASS, á cal asistiu o reitor, Manuel Reigosa. El destacou o “orgullo” que supón para a Universidade que sexa un grupo vigués o que coordine unha iniciativa como esta, que contribúe a unha “Europa máis forte e máis competitiva, que avance na reindustrialización”.

Pou explicou que o actual proceso de reciclaxe de vidro emprega tecnoloxía madura baseada en grandes instalacións que centralizan o proceso. “Isto supón un alto consumo de enerxía para fundir toneladas de vidro mediante un proceso pouco fiable”, indicou, ao que se unen “os custos de transporte do vidro ás grandes plantas de reciclaxe”.

EverGLASS propón desenvolver unha tecnoloxía de reciclaxe ‘in situ’, baseada no emprego de láser. “Poderanse xerar produtos personalizados ou técnicos cun menor consumo enerxético, menor emisión de dióxido de carbono (CO2) á atmosfera e menores custos de transporte”, engadiu.

ÚLTIMAS

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Hai persoas que enferman sen estar nunha cama de hospital. Non levan bata, non...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cun desfile xigante de personaxes tres horas antes do acendido das luces

O Nadal de Vigo segue sumando novidades e este ano contará cunha colaboración que...

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...