InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo reclama ao goberno local que actúe para incorporar...

O BNG de Vigo reclama ao goberno local que actúe para incorporar 200 millóns de remanentes aos orzamentos

O portavoz do grupo nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, advertiu de que, "con toda certeza", neste 2024 se porá fin á suspensión das regras fiscais e iso pode supor que os remanentes queden "inmobilizados".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo urxiu ao goberno local de Abel Caballero a implantación dunha “folla de ruta clara” para poder incorporar os case 200 millóns de euros que hai en remanentes ao orzamento municipal e evitar así que eses recursos “dos vigueses e viguesas” queden bloqueados e non se poidan investir.

O portavoz do grupo nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, advertiu de que, “con toda certeza”, neste 2024 se porá fin á suspensión das regras fiscais e iso pode supor que os remanentes queden “inmobilizados” porque “legalmente só serían para financiar unha débeda que Vigo non ten”.

Segundo indicou, “isto é consecuencia da falta de xestión” do goberno local e do seu “inejecución record” nos orzamentos dos últimos 4 anos, de maneira que, nese período, quedáronse sen gastar 436 millóns correspondentes a proxectos e actuacións “mil veces prometidas” e que acabaron en “papel mollado”.

O concelleiro do BNG lamentou que leva “semanas” preguntando ao goberno local sobre que medidas porá en marcha para evitar que eses recursos queden bloqueados e, ata agora, a resposta foi “un clamoroso e irresponsable silencio”.

Por iso, urxiu a posta en marcha desa “folla de ruta”, xa que “hai moitísimas necesidades” na cidade que deberían atenderse con eses recursos. “Non podemos permitirnos o luxo de telos nunha caixa con cadeado pola incapacidade do goberno local para utilizalos”, subliñou, e pediu que os remanentes se destinen a atender “as necesidades reais” da cidade.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...