InicioPolíticaCaballero celebra o fin dun ano "politicamente moi importante" e espera que...

Caballero celebra o fin dun ano “politicamente moi importante” e espera que en 2024 Besteiro gañe as autonómicas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente do PSOE local, Abel Caballero, celebrou este mércores o fin dun ano “politicamente moi importante” e esperou que en 2024 o candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, gañe as eleccións autonómicas.

Así o sinalou Caballero no marco da celebración do petisco de Nadal organizado polo PSOE olívico, onde reivindicou os resultados obtidos pola súa candidatura nos pasados comicios municipais, cando superou o 60% dos votos. Tamén puxo en valor o apoio dos vigueses ao PSOE nas eleccións xerais, reiterando que Pedro Sánchez é o “mellor presidente da historia da Democracia” para Vigo.

De cara ao 2024, lembrou que virá marcado polos comicios autonómicos, pedindo o apoio para Besteiro, co obxectivo de que o Executivo galego deixe a “oposición frontal” a Vigo, como ocorreu, segundo el, con Alberto Núñez Feijóo e con Alfonso Rueda á fronte.

Fago un chamamento á cidade pola necesidade de que sexa o PSOE quen encabece o seguinte goberno da Xunta. Con Besteiro, Vigo será tratado como se merece, como a primeira cidade de Galicia, a máis dinámica, a de máis poboación, a que ten máis capacidade de xerar emprego e industria”, reivindicou.

ÚLTIMAS

A Xunta asina coa Mancomunidade de Montes de Vigo un programa de formación para recuperar terreos queimados

O Consello da Xunta aprobou este luns o primeiro dunha serie de convenios no...

A CIG chama a “desbordar” as rúas de Vigo o Primeiro de Maio contra a precariedade e a escalada belicista

O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, e a integrante da executiva...

Investigado un menor de 16 anos, sorprendido ao volante dun turismo en Redondela

Axentes da Policía Local de Redondela identificaron e denunciaron un mozo menor de 16...

A Garda Civil sitúa en Cataluña a cúpula da trama de narcolanchas que operaba dende Vigo

Os 11 acusados pola súa implicación na construción e traslado de narcolanchas dende Vigo...