InicioSociedadeO goberno de Vigo responde a Vitrasa coa "proba" de que a...

O goberno de Vigo responde a Vitrasa coa “proba” de que a folga é “política”

O socialista Carlos López Font di que "pedir a dimisión do alcalde é a proba concluínte de que actuán nunha estratexia política".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo saíu este xoves ao paso das declaracións realizadas nas últimas horas polo comité de empresa de Vitrasa (concesionaria do bus urbano), nas que pedían a dimisión do alcalde por non ser capaz de solucionar o conflito neste servizo, e sinalou que esa petición é a “proba concluínte” de que a folga indefinida é “política”.

Así o trasladou, nunhas declaracións gravadas e enviadas aos medios, o portavoz do goberno vigués, o edil socialista Carlos López Font. “Pedir a dimisión do alcalde é a proba concluínte de que actuán nunha estratexia política dirixidos polo BNG e pola CIG”, proclamou.

López Font acusou ao comité de Vitrasa de actuar “sen preocuparse polos seus traballadores nin polos vigueses que necesitan o transporte público na súa vida diaria” e aos que están “a danar gravemente”. O portavoz do goberno local, reiterando os mesmos argumentos que o Concello sostén desde hai semanas e que tamén esgrime a propia empresa concesionaria, incidiu en que os folguistas “só pretenden rebentar a cidade, e sobre todo o Nadal de Vigo”. “Pero é evidente que non o conseguen”, rematou.

ÚLTIMAS

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...