InicioSociedadeUn xulgado de Vigo obriga á Comunidade de Montes de Cabral a...

Un xulgado de Vigo obriga á Comunidade de Montes de Cabral a readmitir a 15 membros expulsados en 2019

Outra sentenza recoñece como comuneiros a outro oito veciños que levan unha década tentando entrar na entidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo admitiu o recurso interposto por 15 veciños da parroquia olívica de Cabral contra a súa expulsión como membros da Comunidade de Montes de Santa Mariña, obrigando á devandita entidade a readmitilos con “plenos efectos” desde que foron botados en 2019.

En concreto, o fallo anula o artigo dos estatutos da Comunidade que a directiva presidida por Luis Rodríguez utilizou para xustificar a expulsión irregular destes comuneiros. “Non hai lugar a dúbida da nulidade do réxime sancionador previsto estatutariamente e en consecuencia procede declarar tamén nula automaticamente a suspensión temporal dos comuneiros, e iso sen necesidade de entrar a analizar outras posibles, ou máis ben probables, causas de nulidade do acordo da asemblea”, recolle a sentenza.

Ademais, unha segunda resolución, neste caso do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, recoñece a condición de comuneiros a outro oito veciños que levaban unha década tentando ingresar na Comunidade.

Este fallo considera que os solicitantes cumprían os requisitos legais para ser comuneiros, a pesar de que se lles negou a súa condición de membros por parte da dirección. Con todo, ningunha das sentenzas é firme, xa que cabe interpor recurso de apelación.

Precisamente a Plataforma Galega de Afectados por Comunidades de Montes referiuse este martes a estes dous fallos, asegurando que “volven mostrar a arbitrariedade que caracteriza á Comunidade de Montes de Cabral e ao seu presidente, Luis Rodríguez”, lembrando que fai tan só tres meses a Audiencia Provincial rexeitou tamén o seu recurso de apelación contra outra resolución que lle obrigaba a deixar entrar na organización a outro seis veciños que cumprían “rigorosamente” as condicións para ser comuneiros.

Para a presidenta desta Plataforma, Beatriz Ucha, que foi ademais una das persoas ás que a Audiencia referendou a súa condición de comuneira fai tres meses, a motivación de Luis Rodríguez para actuar así “é simplemente a de impedir que accedan á organización comunal persoas incómodas para a actual xunta reitora”.

“A falta de democracia na Comunidade de Montes de Cabral é patente e o menosprezo do presidente pola xustiza resulta escandaloso”, sentenciou nun comunicado.

ÚLTIMAS

O afundimento dun pesqueiro portugués en Bouzas obriga a despregar barreiras anticontaminación

O afundimento dun pesqueiro portugués abandonado, que se atopaba atracado na dársena de Bouzas,...

Vigo convértese no epicentro da oncoloxía de precisión coa reunión de 150 expertos nacionais

A sede de Afundación en Vigo acolle este xoves e este venres o VIII...

A comunidade educativa mobilízase en seis concellos da área de Vigo contra os recortes no ensino

Federacións de Anpas, Asembleas Abertas do Ensino Público e outros colectivos da comunidade educativa...

Caballero levará ao Goberno as “trampas” da RFEF e acusa á Xunta e ao PP de frear a candidatura de Vigo ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que manterá o próximo 2 de marzo...