InicioSociedadeO caso da cesión do avión de Air Nostrum ao Sevilla CF...

O caso da cesión do avión de Air Nostrum ao Sevilla CF podería derivar nun expediente sancionador

PUBLICADO O

A conselleira de Economía referiuse este mércores, en resposta a unha pregunta oral durante o pleno do Parlamento de Galicia da deputada do PP Noelia Pérez, á situación vivida a comezos de novembro no aeroporto de Peinador de Vigo, onde decenas de pasaxeiros dun voo da compañía Air Nostrum quedaron en terra para que o avión fose cedido á expedición do Sevilla CF de fútbol.

Lorenzana sinalou que o Instituto Galego de Consumo prestou asesoramento aos afectados a través de chamadas telefónicas e a posta a disposición de información e documentos para exercer os seus dereitos ante unha “situación tan anómala” como a acontecida. Neste sentido, confirmou que Consumo requiriu información á aerolínea Air Nostrum e á operadora Iberia para que aclaren o acontecido e que podería derivar nun expediente sancionador, á vez que mantén vías de comunicación con Fiscalía, encargada de investigar posibles infraccións no ámbito penal.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo – Porto tardará 50 minutos, pero non se sabe cando estará operativo

Portugal prevé que a conexión en tren de Vigo ao Porto sexa de 50 minutos...

O BNG propón máis frecuencias ferroviarias entre Vigo e Santiago: “Comprar un billete está a converterse nunha odisea”

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso e no Senado co obxectivo de que se aumenten as frecuencias...

O auditorio municipal de Vigo acollerá a representación da obra de teatro ‘Síbaris’ de Domingo Villar

O auditorio municipal de Vigo acollerá o sábado 8 de xuño a partir das...

BNG denuncia o “centro Frankestein” creado no Complexo de Atención a Persoas Residentes

O BNG acusou á Xunta de xestionar de forma "neglixente" os ingresos no Complexo...