InicioPolíticaO BNG propón máis frecuencias ferroviarias entre Vigo e Santiago: "Comprar un...

O BNG propón máis frecuencias ferroviarias entre Vigo e Santiago: “Comprar un billete está a converterse nunha odisea”

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso e no Senado co obxectivo de que se aumenten as frecuencias ferroviarias do Eixo Atlántico entre Vigo e Santiago e para pedir ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable e a Renfe que actúen con "maior planificación" e non de forma "reactiva" aos problemas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso e no Senado co obxectivo de que se aumenten as frecuencias ferroviarias do Eixo Atlántico entre Vigo e Santiago e para pedir ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable e a Renfe que actúen con “maior planificación” e non de forma “reactiva” aos problemas. En concreto, o Bloque lamentou a “falta de prazas” que hai entre estas dúas cidades. Unha situación que se agrava, segundo os nacionalistas, co peche de Peinador pola obra na súa pista, derivándose os voos á capital galega.

Segundo recolle o BNG nun comunicado, a falta de prazas na conexión entre Vigo e Santiago é un dos problemas máis denunciados recentemente e que imposibilita a mobilización e os traslados ferroviarios de moitas persoas pola insuficiencia de prazas. “Son reiteradas as ocasións nas que o BNG se dirixiu a Transportes para que resolva todos estes problemas con determinación e non con parches”, sinalou o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego.

Na mesma liña falou a senadora Silva Méndez, quen dixo que comprar un billete está a converterse nunha “odisea” e nunha “carreira de obstáculos”. “Os trens desde Pontevedra e Vigo a Madrid están saturados e os prezos multiplicáronse por tres desde a clausura de Peinador e as ofertas de lanzamento dos trens Avril”, criticou, quen pediu non só máis prazas entre Vigo e Santiago, senón tamén no traxecto a Madrid.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...