InicioCulturaO auditorio municipal de Vigo acollerá a representación da obra de teatro...

O auditorio municipal de Vigo acollerá a representación da obra de teatro ‘Síbaris’ de Domingo Villar

Será o sábado 8 de xuño a partir das 21.00 horas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O auditorio municipal de Vigo acollerá o sábado 8 de xuño a partir das 21.00 horas a representación da obra de teatro ‘Síbaris’ de Domingo Villar.

A cidade olívica pechará a xira galega da compañía de teatro Condetrespés, que representa a primeira obra teatral de Villar, falecido en maio de 2022.

O alcalde, Abel Caballero, destacou a participación na obra de actores como Carlos Branco e Belén Constenla, así como do músico Pablo Novoa.

As entradas estarán á venda a partir do próximo martes 21 de maio a un prezo de 8 euros. Poderanse adquirir na web ‘www.giglon.com‘ ou de forma presencial na libraría Libros para Soñar. Ademais, unha hora antes da representación no despacho de billetes do auditorio.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...