InicioSociedadeFacua contra Air Nostrum porque debería abonar as compensacións "automáticamente" aos afectados

Facua contra Air Nostrum porque debería abonar as compensacións “automáticamente” aos afectados

 A asociación de consumidores acusou á aerolínea de "ocultar" información sobre isto aos que quedaron en terra no aerporto de Vigo pola cesión ao Sevilla FC.

PUBLICADO O

- Advertisement -

asociación de consumidores Facua acusou á aerolínea Air Nostrum de “ocultar” as compensacións económicas que poden percibir os afectados que quedaron en terra no aeroporto de Vigo despois de que a compañía decidise ceder o avión á expedición do Sevilla FC que viaxara á cidade olívica para xogar contra o Celta.

Nun comunicado emitido este venres, Facua afirmou que a aerolínea enviou un correo electrónico aos afectados polo ocorrido o pasado sábado 4 de novembro no que “non detalla” as cantidades que poden reclamar, que ascende a 250 euros como establecen as normas europeas sobre compensación e asistencia aos pasaxeiros aéreos en caso de denegación de embarque e cancelación ou gran atraso.

A asociación lembra que o artigo 14 desta lei comunitaria establece que a aerolínea que denegue o embarque ou cancele un voo “deberá proporcionar a cada un dos pasaxeiros afectados un impreso no que se indiquen as normas en materia de compensación e asistencia con arranxo ao presente regulamento”. Facua sostén que varios pasaxeiros lle trasladaron que non recibiron tal impreso nin información sobre os seus dereitos e que unicamente se lles indicou que tiñan a posibilidade de pór unha folla de reclamacións.

Deste xeito, a entidade de consumidores sentenciou que Air Nostrum debería abonar as compensacións “de maneira automática” a todos os afectados “sen necesidade de que as soliciten” e “con independencia de que reclamen ou non outras cantidades polos gastos que sufriron e outros prexuízos causados”.

ÚLTIMAS

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...

‘Quero ser investigadora’, historias de mulleres investigadoras que triunfan na Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento...

Abel Caballero anuncia a recuperación do oitavo xulgado de instrución para Vigo a partir de xuño

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que a cidade olívica contará...