InicioMedio Ambiente e PatrimonioEliminados catro puntos de verteduras ao río Lagares en Vigo

Eliminados catro puntos de verteduras ao río Lagares en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Técnicos do Programa de Control de Verteduras de Augas de Galicia localizaron catro puntos de vertedura de augas residuais cara ao río Lagares, no termo municipal de Vigo, dos que informaron o Concello para a adopción de medidas.

Segundo informou a consellería de de Infraestruturas e Mobilidade, dúas dos puntos foron identificados o curso medio do río, e tratábase de verteduras procedentes de vivendas unifamiliares situadas nas parroquias de Matamá e Cabral.

Así mesmo, foron localizadas dúas filtracións de augas residuais urbanas no colector de saneamento municipal que discorre pola marxe dereita do río, baixo a rúa Olímpicos (nas proximidades do estadio de Balaídos).

Augas de Galicia comunicou a situación ao Concello e, nunha recente inspección á zona, os técnicos puideron comprobar que se realizaron as intervencións oportundas e que xa non había vertedura ao dominio público hidráulico.

ÚLTIMAS

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...

Praia de A Calzoa, en Vigo: crónica dunha morte anunciada

A duna da Praia da A Calzoa, un dos sistemas dunares máis relevantes do...

Abel Caballero celebra a condena a Audasa e reclama a gratuidade da AP-9 tras a sentenza sobre as peaxes de Rande

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou este sábado a sentenza da Audiencia Provincial...

Vigo será sede do IV Global Sustainable Seafood Galicia Forum o 28 de abril

A Xunta de Galicia anunciou este luns que Vigo acollerá o próximo 28 de...