InicioSociedadeComesaña di que o concerto con Povisa "cumpre a legalidade" negando o...

Comesaña di que o concerto con Povisa “cumpre a legalidade” negando o “escurantismo” que apunta o BNG

"Mais a prórroga estaba contemplada, e a información está colgada nos portais onde colgamos toda a información. Por tanto, nada de escurantismo", proclamou o conselleiro de Sanidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, negou este venres as acusacións do BNG sobre o “escurantismo” que rodea ao concerto co hospital Povisa, e subliñou que este centro sanitario é “moi importante” tanto para o Sergas como para os propios cidadáns que o elixiron como hospital de referencia.

En declaracións aos medios durante unha visita á asociación DOA, o conselleiro respondeu aos nacionalistas, que nas últimas horas esixían unha auditoría sobre o concerto e acusaban o goberno galego de favorecer unha “riada” de diñeiro público cara a Povisa.

Así, Julio García Comesaña lembrou que o bipartido do que formou parte o BNG e que gobernou catro anos a Xunta asinou un documento que garantía a “continuidade como hospital xeral” de Povisa, e incidiu en que o actual goberno galego cre nese “papel fundamental” que xoga o hospital vigués, como tamén “o cren os cidadáns”, e por iso mantense o concerto.

Respecto diso, destacou que se trata un concerto “que cumpre completamente a legalidade”. “E se alguén pensa diferente, xa sabe o que ten que facer”, retou o titular de Sanidade, que lembrou que ese contrato con Povisa, “totalmente legal”, contempla unhas prórrogas, das que se está executando a segunda, mentres a Xunta traballa “na realización dun novo concerto”.

“Pero a prórroga estaba contemplada, e a información está colgada nos portais onde colgamos toda a información. Por tanto, nada de escurantismo”, proclamou o conselleiro.

Por outra banda, quixo trasladar o seu “recoñecemento” ao labor dos traballadores de Povisa, na atención aos pacientes que, “voluntariamente”, elixiron ese hospital como centro de referencia, e subliñou que o acordo entre ambas as partes desenvólvese nun “contexto de normalidade”.

Segundo afirmou, “ao BNG non lle agrada, porque prefire a disputa política”, mentres o goberno de Galicia traballa pola atención aos cidadáns. Así mesmo, sinalou que a Xunta é “sensible” ás demandas dos traballadores do hospital e que actualiza, “dentro do que permite a lei”, a contía do concerto na prórroga.

Finalmente, insistiu en que son moitos os cidadáns que escollen Povisa como hospital e que a Xunta debe garantir a súa atención, “nas mellores condicións posibles”

ÚLTIMAS

Consternación e pesar polo falecemento dun corredor de Nigrán no Trail dos Indios en Boiro

Miguel Álvarez Quiroga, un membro destacado da comunidade do deporte de montaña en Galicia,...

Sindicato CSIF esixe revisar o caso da canguesa desaparecida no oceanofráfico ‘García del Cid’ hai un ano

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) solicitou ao Consello Superior de Investigacións...

A Xunta creará un centro de acollida de mulleres vítimas de violencia de xénero con problemas de adicción no Porriño

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou a autorización, por parte do Consello da...

Detido tras tentar atracar unha farmacia na Avenida da Florida e mostrar unha nota manuscrita aos empregados con ameazas de morte

A Policía Local de Vigo confirmou a detención dun home de 41 anos de idade, J.R.L.G.,...