InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero apoia a ampliación do Ifevi e apura á Xunta para...

Abel Caballero apoia a ampliación do Ifevi e apura á Xunta para “que se poña ao choio”

O alcalde de Vigo denunciou que o grupo municipal do PP votou no último pleno en contra dunha moción do goberno local para pedir a ampliación do Ifevi e a mellora dos accesos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este venres o seu “apoio total” á proposta de ampliación do Instituto Feiral da cidade (Ifevi) realizada por Conxemar, e instou á Xunta a “que se poña ao choio inmediatamente” para acometer esa ampliación, que é “imprescindible”.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico sinalou que a propia Conxemar expón a ampliación do recinto como “centra para a súa supervivencia”, e insistiu en que a asociación ten “todo o apoio do Concello”, que asumirá “o que lle corresponda”, aínda que matizou que “o Ifevi depende na súa totalidade da Xunta”.

Tras lembrar a importancia da feira de Conxemar, que converte Vigo “nunha especie de ONU” e pon en valor unha industria estratéxica, Abel Caballero denunciou que o grupo municipal do PP votou no último pleno en contra dunha moción do goberno local para pedir a ampliación do Ifevi e a mellora dos accesos.

“Teñen que responder pola súa confrontación coa cidade, e insto á Xunta a que se poña ao choio inmediatamente, porque é imprescinble ampliar o Ifevi”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...