InicioVigo e contornaVigoO PP vigués acusa ao Goberno central de "absoluto desprezo" a usuarios...

O PP vigués acusa ao Goberno central de “absoluto desprezo” a usuarios do Eixo Atlántico por negar melloras nos trens

A presidenta do PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias, lembrou que o corredor A Coruña-Santiago-Vigo é a liña de media distancia máis demandada da rede estatal, duplicando en 2022 o número de viaxeiros respecto ao exercicio anterior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias, denunciou este xoves o “desprezo absoluto” do Goberno de Pedro Sánchez aos usuarios do Eixo Atlántico, ao negar melloras no servizo de tren, que desde hai anos rexistra “importantes colapsos e atrasos”.

Tapias cualificou de “tomadura de pelo” que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana xustifique que non reforzará a oferta de conexións e as frecuencias debido ao resultado dunha enquisa.

Neste sentido, a líder ‘popular’ lembrou que o corredor A Coruña-Santiago-Vigo é a liña de media distancia máis demandada da rede estatal, duplicando en 2022 o número de viaxeiros respecto ao exercicio anterior.

Tras responsabilizar ao Executivo central de non planificar previamente un incremento da demanda derivado do anuncio electoralista de “viaxes gratis para todos”, incidiu en que sobran razóns para que o Executivo central “tome cartas no asunto”.

Fernández-Tapias tamén reprochou tamén ao PSOE local que permaneza “inmóbil” ante os “desaires” do seu xefe de filas, con “nefastas consecuencias” non só para os sectores económicos, tamén para a calidade de vida dos vigueses.

ÚLTIMAS

Piden oito anos de prisión para un acusado de roubar e agredir sexualmente a unha muller en Vigo

Un home enfróntase a oito anos e medio de prisión como suposto autor dun...

O Concello e Universidade de Vigo impulsan a creación dun Observatorio da Vivenda

O Concello e a Universidade de Vigo crearán un Observatorio da Vivenda para facer...

Rescatan un veleiro á deriva e encallado na costa de Vigo sen ninguén a bordo

Os servizos de emerxencia rescataron o pasado domingo un veleiro á deriva na costa...

Un axente da Policía Local de Vigo absolto tras ser acusado de chamar “matado” e “subnormal” a un discapacitado

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, absolveu a...