InicioSociedadeDetido un home con antecedentes no GRAPO por disparar unha pistola durante...

Detido un home con antecedentes no GRAPO por disparar unha pistola durante unha discusión nun parque

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, Manuel B.G., de 69 anos de idade, tras exhibir e disparar un arma de fogo durante unha discusión relacionada cos seus cans, na contorna do parque de Castrelos.

Os feitos ocorreron pasadas as 18,30 horas deste xoves, cando a Policía recibiu unha alerta para acudir a este parque, por unha discusión entre dous homes motivada no parque caniño de Castrelos, e despois de que un deles sacase un arma de fogo e realizado disparos (un dos disparos impactou nunha árbore), sen alcanzar a ninguén.

Ao lugar acudiron en primeiro lugar efectivos de Policía Local, que acordoaron a zona, e localizaron ao sospeitoso na rúa Enrique Alonso Xalueiro, preto do paseo do río Lagares. Posteriormente membros da UDEV da Policía Nacional presentáronse no lugar e fixéronse cargo da investigación.

Segundo informaron fontes policiais, o suposto autor dos disparos, un home con antecedentes relacionados coa organización terrorista GRAPO, desfíxose da pistola nunha zona algo afastada de onde se produciu a discusión e mantense a procura da arma, que aínda non foi localizada.

O detido foi trasladado primeiro a un centro médico e durante o traxecto, informaron fontes policiais, o home non deixou de repetir que “ía matar” ao home co que discutira. Posteriormente, foi levado á Comisaría de Policía Nacional onde este venres se lle tomará declaración, antes de polo a disposición do xulgado de garda.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...