InicioEconomíaStellantis Vigo suspende dúas quendas este mércores por falta de pezas

Stellantis Vigo suspende dúas quendas este mércores por falta de pezas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección da factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis comunicou ao persoal novas alteracións na actividade, con paradas que afectarán a un dos sistemas de produción pola falta de subministracións.

En concreto, a escaseza de pezas necesarias para a fabricación dos seus vehículos obrigará á compañía a parar o sistema 1, onde se ensamblan os Peugeot 2008 e 301 e o Citroën C-Elysée, durante a quenda de tarde e noite deste mércores.

Así mesmo, a dirección tamén decidiu deter a produción durante a quenda de mañá deste xoves, día 14, no mesmo sistema da planta olívica.

A produción na factoría viguesa xa estivo parada en varias quendas antes na últimas semana, e tamén houbo alteracións xusto despois do regreso do persoal do período vacacional.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...