InicioSociedadeAbel Caballero prevé que o novo PXOM de Vigo entre en vigor...

Abel Caballero prevé que o novo PXOM de Vigo entre en vigor no primeiro semestre de 2024

O alcalde subliñou que esta é "unha gran noticia", posto que o plan urbanístico supón "o presente e o futuro" de Vigo, á vez que incidiu novamente en que é un PXOM "extraordinario", centrado "na vivenda libre de especulación", con dotacións públicas e amplas zonas verdes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este martes que o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da cidade estará en vigor no primeiro semestre de 2024. Así o manifestou nunhas declaracións gravadas e remitidas aos medios, nas que lembrou que o novo plan xa conta con luz verde da Xunta no informe ambiental, de maneira que a aprobación provisional terá lugar “en dous meses”.

Segundo os cálculos do rexedor, “nos seguintes seis meses” poderá levar a pleno a aprobación definitiva do documento, polo que, no primeiro semestre do ano que vén, “estará aprobado e en funcionamento”. O alcalde subliñou que esta é “unha gran noticia”, posto que o plan urbanístico supón “o presente e o futuro” de Vigo, á vez que incidiu novamente en que é un PXOM “extraordinario”, centrado “na vivenda libre de especulación“, con dotacións públicas e amplas zonas verdes.

Por outra banda, Caballero informou da concesión da primeira licenza para edificar no núcleo do Barrio do Cura. Trátase dun un inmoble de cinco plantas e dúas plantas soto, con 107 vivendas, das que 30 están “suxeitas a algún réxime de protección pública”, e en cuxa execución se investirán 11,5 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...