InicioSucesosTres mulleres resultan feridas tras saírse da vía o seu coche en...

Tres mulleres resultan feridas tras saírse da vía o seu coche en Vigo e chocar contra unha marquesiña de bus

A Policía Local denunciou a un home ouriñar na rúa e increpar aos axentes chamándoos "voitres de merda" e "carroñeiros"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres mulleres resultaron feridas leves tras saírse da vía o coche no que circulaban por Vigo e chocar contra unha marquesiña dunha parada de autobús, segundo informou a Policía Local.

O accidente tivo lugar pasada a medianoite deste martes, cando o 092 recibiu unha chamada para acudir á Avenida da Ponte debido a un sinistro de tráfico. Á súa chegada, os axentes observaron que, no interior do vehículo, había tres mulleres que, aparentemente, sufrían feridas leves. Minutos antes, perderan o control do coche e impactara contra unha marquesiña.

Como consecuencia do choque, ademais dos danos na estrutura da parada do bus, tamén se rexistraron danos nunha tubaxe, polo que se deu aviso aos técnicos da concesionaria Aqualia para reparar a avaría. Ata o lugar desprazouse, así mesmo, persoal do servizo de limpeza, e o guindastre para a retirada do vehículo.

MULTA POR OURIÑAR NA RÚA

Por outra banda, a Policía Local tamén informou da imposición dunha sanción a un cidadán que foi sorprendido ouriñando na rúa, detrás do museo Marco, na madrugada do pasado sábado. Ao ser interceptado, o home insultou aos axentes chamandoos “voitres de merda” e “carroñeiros”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...