InicioSucesosO campista ferido en Cíes segue en UCI, estable dentro da gravidade,...

O campista ferido en Cíes segue en UCI, estable dentro da gravidade, e a muller recibirá a alta en próximas horas

PUBLICADO O

- Advertisement -

campista italiano de 32 anos que resultou ferido grave na madrugada deste xoves ao caer unha rama dunha árbore na súa tenda, nas illas Cíes, permanece ingresado na UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, estable “dentro da gravidade”.

Así o confirmou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en declaracións aos medios antes dunha visita ao centro de saúde de Navia, en Vigo. Segundo sinalou, dos dous afectados que seguían no hospital, o máis, grave, o home, segue con prognóstico reservado, estable “dentro da gravidade”, e expresou o seu desexo de que a súa situación poida mellorar e a evolución sexa positiva.

Con respecto á outra persoa ingresada, unha muller portuguesa, a súa evolución foi favorable e é probable que, en próximas horas, sexa dada de alta. García Comesaña lamentou o “desafortunado” accidente e agradeceu a resposta das persoas que se atopaban no cámping no momento do sinistro, algunhas delas profesionais sanitarios de vacacións, que prestaron a primeira axuda. Así mesmo, puxo en valor a rápida actuación dos servizos de emerxencias.

O accidente ocorreu na madrugada do xoves, cando unha rama de gran tamaño caeu sobre varias tendas de campaña no cámping das Illas Cíes. Como resultado, catro persoas resultaron feridas e trasladas ao hospital.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...