InicioSociedadeAbertas as solicitudes para as bolsas de estudo dos matriculados en Turismo...

Abertas as solicitudes para as bolsas de estudo dos matriculados en Turismo no campus ourensán da UVigo

O grao en Turismo presenta un nivel de empregabilidade moi elevado, de feito, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense ten asinados centos de convenios de prácticas coas principais cadeas hoteleiras e axentes públicos e privados do sector.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Por segundo ano consecutivo a Universidade de Vigo, coa financiación da Deputación de Ourenseconvoca Bolsas de Estudo para o estudantado que se matricule en primeiro curso do Grao en Turismo ou PCEO Turismo-Xeografía e Historia (axudas que van desde os 900 aos 1.350 euros). As solicitudes poden presentarse ata o 13 de outubro.

O sector turístico ten un carácter estratéxico para o Campus e a Deputación de Ourense, mantendo a oferta do primeiro grao público en Turismo do SUG. O grao en Turismo presenta un nivel de empregabilidade moi elevado, de feito, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense ten asinados centos de convenios de prácticas coas principais cadeas hoteleiras e axentes públicos e privados do sector.

A Facultade, co Grao en Turismo, responde coa súa oferta académica a unha necesidade crecente e non cuberta do sector turístico, de profesionais cualificados a nivel superior, para dirixir e xestionar empresas e institucións públicas e privadas.

Froito dos máis de 14 anos de docencia e investigación no grao en Turismo de Ourense, o perfil dos graduados está relacionado coa dirección internacional de hoteis (España, Europa ou Centroamérica), a xestión de eventos, compañías aéreas, guía turística, xestión patrimonial ou a intermediación de reservas.

ÚLTIMAS

Caballero denuncia que a Xunta non dá “nin un céntimo” para a reforma de Balaídos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que o vindeiro luns comezarán a desmontarse...

O PP vigués aposta pola integración e mantén a moitos cargos da época de Fernández-Tapias

A (única) candidata a presidir o PP de Vigo, Luisa Sánchez, apostou pola integración e...

Estancado o concerto do Sergas con Povisa para a atención sanitaria na área de Vigo

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, non confirmou se se aumentará a contía destinada...

Estas son as novas tarifas do Vitrasa: billete ordinario a 1,63 euros e bonificado a 0,56

As novas tarifas do bus urbano de Vigo, servizo que presta a concesionaria Vitrasa, entrarán...