InicioSucesosDetido en Vigo un home tras forcexear cunha traballadora dun comercio cando...

Detido en Vigo un home tras forcexear cunha traballadora dun comercio cando tentaba roubar un perfume

Durante o cacheo de seguridade, os axentes interviñéronlle unha tesoira de papelería, de 24 centímetros, que levaba encima.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home como presunto autor dunha tentativa de roubo con violencia, tras forcexear coa empregada dun comercio cando tentaba subtraer un perfume. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde deste xoves, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a un establecemento da rúa Florida, onde se estaba producindo unha tentantiva de roubo.

Ao chegar, a empregada do comercio explicou aos axentes que un home, vestido con camiseta negra e vaqueiros, entrou no local para interesarse por un perfume dunha coñecida marca e que, de forma súbita e sorpresiva, colleu devandito perfume e dispúñase a fuxir do local.

A muller tentou retelo e ambos comezaron un forcexeo, durante o cal a traballadora acabou no chan. Nese momento, o sospeitoso abandonou o lugar, e deixou atrás o perfume. A Policía deu aviso ao resto de patrullas, achegando os datos físicos do sospeitoso e, unhas horas máis tarde, o 092 recibiu aviso do persoal de seguridade do centro comercial Camelias, sobre a presenza dun home que coincidía coas características do presunto ladrón. Unha dotación trasladouse ao lugar para a súa identificación e detención. Durante o cacheo de seguridade, os axentes interviñéronlle unha tesoira de papelería, de 24 centímetros, que levaba encima.

ÚLTIMAS

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Unha vivenda de 60.000 euros do condenado polo narcosubmarino para facer fronte a 25 millóns de mula

A Audiencia Provincial de Pontevedra sacou a poxa a vivenda de E.C.S.G, un dos...

O Porto de Vigo é “clave” para estar entre as comunidades máis exportadoras, segundo a Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recoñeceu este martes que a...

“Hai silencios que doen”: Pepe Álvarez carga contra Rueda tras o ataque explosivo á sede de UGT en Vigo

A violencia contra unha organización sindical non pode quedar reducida a unha cuestión de...