InicioSucesosPetición de dez anos na cadea para un acusado por posesión de...

Petición de dez anos na cadea para un acusado por posesión de oito armas de fogo no seu domicilio de Soutomaior

Tamén lle encontraron diferentes doses de cocaína cuxo destino "era a venda a terceiras persoas para a obtención do correspondente proveito económico".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro mércores, día 19 de xullo, a un home que posuía ata oito armas de fogo no seu domicilio situado en Soutomaior, así como munición e uns 10 gramos de cocaína envolvidos en distintas bolsas de plástico pechadas.

O caso procede do Xulgado de Instrución número 1 de Redondela e, para o acusado, Fiscalía solicita ata 10 anos de cárcere por un delito de tenencia ilícita de armas prohibidas, un delito de depósito de municións e un delito contra a saúde pública na súa modalidade de sustancias que causan grave dano á saúde.

Tal como recolle o Ministerio público no seu escrito de acusación, foi o 14 de marzo de 2018 cando se procedeu a efectuar entrada e rexistro do domicilio do acusado, despois de que investigacións da Garda Civil constatasen que había indicios de que o home podería ter armas na súa casa.

Alí, foron achadas ata oito pistolas e outras armas, ademais de cartuchos, casquillos e demais munición. Tamén se atoparon diferentes doses de cocaína cuxo destino “era a venda a terceiras persoas para a obtención do correspondente proveito económico”.

Por iso, Fiscalía pide dous anos e medio de prisión por un delito de tenencia ilícita de armas; tres anos por un delito de depósito de municións, e catro anos e medio por un delito contra a saúde pública.

ÚLTIMAS

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona...

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...

Confirman a ocupación do castro das Hortas nas illas Cíes

A segunda campaña arqueolóxica no castro das Hortas, nas illas Cíes, confirmou que a...