InicioMedio Ambiente e PatrimonioConfirman a ocupación do castro das Hortas nas illas Cíes

Confirman a ocupación do castro das Hortas nas illas Cíes

"Buscábase recuperar máis información dos posibles restos arqueolóxicos situados na ladeira leste, así como clarificar os diferentes momentos de ocupación dun xacemento emblemático na arqueoloxía galega"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A segunda campaña arqueolóxica no castro das Hortas, nas illas Cíes, confirmou que a ladeira na que se localizan os restos estivo ocupada desde a época castrexa ata a Idade Media. Así o conclúen os traballos desenvolvidos, entre finais de abril e principios de maio, polo Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo, coa colaboración da Xunta.

A Sección de Arqueoloxía do GEAAT, indicou que este castro é un dos xacementos da Idade do Hierro máis coñecidos, pola súa situación nunha illa e pola súa localización, xa que se atopo nun lugar moi escarpado. Neste sentido, o grupo detalla que “os bos resultados” obtidos na campaña realizada no castro o pasado ano, levaron a que esta segunda intervención.

“Buscábase recuperar máis información dos posibles restos arqueolóxicos situados na ladeira leste, así como clarificar os diferentes momentos de ocupación dun xacemento emblemático na arqueoloxía galega”, indica o grupo. A campaña comezou con rózaa da vexetación superficial nas zonas nas que ían intervir e, unha vez realizada, traballaron en dúas sondaxes.

Na primeira, ampliaron unha realizada en 2025, na que documentaron unha serie de muros e un chan. A segunda sondaxe situouse nunha zona na que un cambio de cota suxería a presenza dun posible pano de muralla. “Desde o inicio quedou claro que se trataba dunha zona de lixeira dos restos de alimentación dos habitantes desa zona da illa”, sinalou o grupo.

Na sondaxe recuperaron varias mostras de fauna que serán estudadas por especialistas da Universidade e León para determinar os patróns alimentarios dos habitantes do castro durante a Idade de Hierro. “Sorprende a cantidade de cerámicas recollidas, que serán analizadas no laboratorio do GEAAT no campus de Ourense”, subliña o equipo da UVigo. Todo isto apareceu fóra dunha gran casa de época castrexa, a primeira que se constata nas illas Cíes e que supón unha proba segura da presenza dun importante asentamento humano previo á chegada dos romanos.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...