InicioVigo e contornaRedondelaFalece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación...

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

O helicóptero de Gardacostas localizou o corpo da vítima despois de que un particular dese o aviso do accidente no peirao de Chapela.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona de Redondela faleceu este luns ao caer ao mar. Segundo trasladou o 112 Galicia, un particular alertaba á central de emerxencias sobre as 18.00 horas de que acababa de ver como unha embarcación chocaba contra as bateas no peirao de Chapela.

Ao ter coñecemento dos feitos, o 112 deu aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que desprazou ao momento un helicóptero. Tamén informou á Garda Civil, que mobilizou unha embarcación, á Policía Nacional e á Local e a efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, así como persoal sanitario e da Autoridade Portuaria de Vigo, que xa tiñan constancia do suceso.

Finalmente, o helicóptero de Gardacostas localizou o corpo do home desde o aire e o equipo acuático da Garda Civil rescatouno para a súa embarcación. Ademais, o 112 Galicia informou de que os servizos de emerxencias tiveron que rescatar a outro tripulante que se desprazou á zona ao ver a situación e tivo problemas, aínda que foi localizado en bo estado.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...