InicioSociedadeAna Pontón pide á Xunta que medie no conflito do metal e...

Ana Pontón pide á Xunta que medie no conflito do metal e “exerza a súa función de Autoridade Laboral”

Todo isto despois de que tras máis 13 encontros e seis xornadas de folga aínda non se chegara a un acordo de convenio colectivo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, pediu á Xunta que medie no conflito do sector do metal de Pontevedra, que tras máis 13 encontros e seis xornadas de folga aínda a patronal e os sindicatos non chegaron a un acordo de convenio colectivo. Así o sinalou nunha rolda de prensa despois de reunirse este mércores en Vigo cos representantes de Comisións ObreirasUXT CIG encargados de negociar o devandito documento.

A líder nacionalista mostrou o seu apoio aos traballadores do metal que levan varias semanas “reivindicando melloras nas súas condicións de traballo”, debido ás “dificultades” que tiveron que pasar nos últimos meses polo aumento do custo da vida. Segundo ela, trátase dun sector “crave” que só na provincia de Pontevedra supón uns 33.000 empregos, polo que é necesario que se melloren non só as condicións salariais, senón as laborais e a conciliación neste “marco de crise de prezos”.

Por iso, pediu o Goberno galego que “deixe a pasividade” e “exerza a súa función de Autoridade Laboral” para mediar no conflito e “póñase ao lado dos traballadores”. Tamén reivindicou a importancia de que os empregados teñan máis capacidade de negociación para defender os seus dereitos e mellorar as súas condicións, xa que na actualidade é unha “loita moi desigual“.

Ante esta situación, desde o BNG solicitaron unha nova reforma laboral que esta vez si modifique “os aspectos máis lesivos da reforma de Mariano Rajoy”, polo que criticaron a contrarreforma levada a cabo polo Goberno actual. O obxectivo, segundo dixo Pontón, é ter un marco laboral que “protexa” aos traballadores, subliñando a importancia de que o Bloque teña “máis deputados no Congreso” e así ter “forza” para lograr este cambio.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...