InicioSucesosDous menores de só 13 e 16 anos ameazan e rouban a...

Dous menores de só 13 e 16 anos ameazan e rouban a un mozo na Avenida de Ramón Nieto

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller chamou este domingo á policía para manifestar que o seu fillo, de 21 anos de idade, fora atracado na Avenida de Ramón Nieto. O mozo manifestou que esa mesma tarde, sobre as 17:30 horas, foi abordado por dous raparigos, indo un en bicicleta, pedíndolles ambos que lle desen diñeiro.

Ao negarse, o mozo que ía en bicicleta cortoulle o paso, comezando ambos a esixirlle “de malos modos” que lles dese diñeiro, chegando a propinarlle un empurrón un dos
individuos, á vez que co puño no alto facía ademán de agredirlle, polo que finalmente ao
sentirse ameazado accedeu a darlles dous euros, permitíndolle os mozos a continuación que seguise o seu camiño.

De regreso á súa casa, sendo as 21:45 horas e na mesma zona, atopouse de novo
cos mesmos rapaces, pero esta vez ían acompañados doutros dous mozos. Os catro comezaron a seguilo, e á altura duns soportais abordáronlle, esixíndolle máis diñeiro, empuxáronlle varias veces e cortándolle o paso coa bicicleta.

Nun momento dado sacou a carteira do peto para mostrarlles que non levaba diñeiro, pero
uno dos raparigos tratou de arrebatarlla sen conseguilo ao abrirse paso entre eles e así poder saír á carreira do lugar.

Os Policías identificaron aos dous mozos que nun principio increparan á vítima,
resultando ser dous menores de 16 e 13 anos de idade respectivamente, os cales recoñeceron que lle esixiron o diñeiro, comunicando ambos que os outros dous rapaces coñecéronos ese mesmo día e que non sabían como se chamaban.

Ambos foron entregados aos seus respectivos pais, sendo informados de que a vítima xunto coa súa nai presentarían a correspondente denuncia xudicial.

ÚLTIMAS

O afundimento dun pesqueiro portugués en Bouzas obriga a despregar barreiras anticontaminación

O afundimento dun pesqueiro portugués abandonado, que se atopaba atracado na dársena de Bouzas,...

Vigo convértese no epicentro da oncoloxía de precisión coa reunión de 150 expertos nacionais

A sede de Afundación en Vigo acolle este xoves e este venres o VIII...

A comunidade educativa mobilízase en seis concellos da área de Vigo contra os recortes no ensino

Federacións de Anpas, Asembleas Abertas do Ensino Público e outros colectivos da comunidade educativa...

Caballero levará ao Goberno as “trampas” da RFEF e acusa á Xunta e ao PP de frear a candidatura de Vigo ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que manterá o próximo 2 de marzo...