InicioEconomíaXunta e Stellantis poñen en marcha en Vigo tres proxectos de FP...

Xunta e Stellantis poñen en marcha en Vigo tres proxectos de FP Dual de robótica, mecatrónica e vehículos eléctricos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o responsables de Recursos Humanos de Stellantis en Vigo e Mangualde (Portugal), Pablo Ramos, asinaron este martes un acordo para a posta en marcha de tres proxectos de FP Dual nas áreas de robótica, mecatrónica e mantemento e seguridade de coches eléctricos.

Os novos proxectos contarán con 40 prazas e impartiranse no IES Politécnico e no IES Valentín Paz Andrade, ambos en Vigo. No primeiro dos centros se impartiráel ciclo superior en Mecatrónica Industrial e o máster de FP en Robótica Colaborativa; mentres que no segundo impartirase o máster en Mantemento e Seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos.

Román Rodríguez subliñou que a FP Dual “permite deseñar plans de formación específicos, a medida das necesidades das empresas, dando resposta a á rápida evolución dos sectores produtivos e á necesidade de contar con persoas con capacitación adecuada para facer fronte á substitución xeracional”.

Os alumnos matriculados nos novos cursos poderán facer prácticas nas instalacións de Stellantis, multinacional que xa coopera desde hai anos no ámbito da formación profesional. Así, nos últimos cursos 164 alumnos estudantes pasaron por Stellantis para complementar a súa formación e 46 fixeron parte da súa formación a través da FP Dual.

STELLANTIS

Por outra banda, Stellantis pechou o primeiro semestre de 2023 con 14.043 vehículos electrificados matriculados en España (100% eléctricos e híbridos enchufables), o que se traduce nunha cota de mercado do 23,1%, segundo informou a compañía.

Así, case un de cada catro vehículos deste tipo pertencían a algunha das marcas do grupo: Abarth, Alfa Romeo, Citroën, DS Automobiles, Fiat, Jeep, Opel e Peugeot. De feito, como destacou a compañía nunha nota, é líder neste mercado, “duplicando en vendas ao seguinte grupo do ranking”.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...