InicioEconomíaOs sindicatos do metal reiteran "a vontade de negociar" mais "sen condicións...

Os sindicatos do metal reiteran “a vontade de negociar” mais “sen condicións previas” por parte da patronal

As centrais sinalaron que a esixencia de desconvocar a folga para volverse a sentar é unha condición que xa coñeceron a través dos medios de comunicación, posto que ata este venres a patronal non se dirixiu aos sindicatos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os sindicatos CC.OO., UGT e CIG dirixíronse este venres á patronal do metal na provincia de Pontevedra para responder á súa petición (enviada esta mesma xornada por mail) de desconvocar os paros para renovar a negociación do novo convenio colectivo provincial.

As centrais sinalaron que a esixencia de desconvocar a folga para volverse a sentar é unha condición que xa coñeceron a través dos medios de comunicación, posto que ata este venres a patronal non se dirixiu aos sindicatos. “Por tanto, parécenos unha falta de respecto que agora se nos faga chegar desta maneira”, sinalaron.

Por outra banda, reiteraron a súa “vontade clara de negociar”, e avanzaron que “sempre” asistirán a todas as convocatorias de reunión. Con todo, matizaron, farano “sen condicións previas” como a que a patronal pretende “impor”. Respecto diso, os sindicatos lembraron que “en ningún momento” eles condicionaron a súa presenza na mesa negociadora “a que se desen unhas ou outras circunstancias”.

Na xornada deste venres, a patronal volveu a denunciar os “actos vandálicos e semiterroristas planificados” vividos na contorna do Ifevi a pasada semana, nun dos días de paro convocados polos sindicatos, ás portas da feira Mindtech. Así mesmo, denunciaron unha “motivación política” tras a folga e acusaron aos sindicatos de pretender “enganar” aos traballadores e á cidadanía.

En resposta a estas acusacións, o responsable de Industria de CC.OO. en Vigo, Celso Carnero, acusou á parte empresarial de comportarse como “nenos pequenos” e de manter un ritmo “lento e sen avances” nas reunións, e iso a pesar de que os sindicatos advertiron de que “o convenio debía asinarse antes do verán”.

“Teñen que sentar a negociar, porque cada día son moitas máis empresas que ven xustas nosas peticións, e piden chegar a acordos xa”, afirmou Carneiro, que engadiu que os traballadores “cada día que pasan están máis cansos do ‘pasotismo’ da patronal, e por iso eles si teñen motivos para estar enfadados”.

Os sindicatos manteñen as mobilizacións xa convocadas, e haberá paros os próximos 6,7 12 e 13 de xullo. Precisamente para o 6 de xullo xa organizaron outra manifestación, que comezará na Praza de América e finalizará ás portas da factoría de Stellantis e da sede do Clúster de Empresas de Automoción.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...