InicioSociedadeNovo avance para as cirurxías de columna vertebral no Hospital Vithas

Novo avance para as cirurxías de columna vertebral no Hospital Vithas

A realización deste tipo de ciruxía está indicada para moitas patoloxías de columna como hernias discais, lumbares, cervicais e dorsais, estenosis da canle raquídeo, deformidades e tumores de columna. 

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Vithas Vigo mellorou a precisión das súas cirurxías minimamente invasivas de columna vertebral grazas ao uso de neuronavegación 3D. En concreto, un equipo cirúrxico no que se combina as imaxes radiológicas en tempo real, a reconstrución 3D e a neuronavegación permite aos neurocirurxiáns do centro vigués mellorar a precisión nas súas intervencións de columna.

Este equipamento, adquirido dentro do acordo subscrito en 2021 con Medtronic para dotar aos hospitais Vithas coa tecnoloxía máis punteira, está especialmente indicado para guiar aos profesionais na colocación minimamente invasiva de parafusos, aumentando a precisión e a seguridade nas cirurxías e reducindo as posibles complicacións, segundo informou Vithas Vigo.

Dita tecnoloxía xa está en funcionamento dende o pasado mes de marzo en Vigo e utilízase de maneira xeneralizada en, practicamente, todas as cirurxías. “Supón un salto cualitativo para o paciente, que é o maior beneficiario da adquisición, ao aumentar a seguridade nas cirurxías de costas”, engadiu o centro hospitalario, que se converteu nun dos primeiros de España en pór en marcha este arco 3D intraoperatorio e a súa integración coa neuronavegación.

“Os problemas de columna son enfermidades moi frecuentes que están a sufrir un aumento progresivo na poboación. Aínda que tentamos evitalo, en ocasións débese fixar a columna vertebral debido á súa inestabilidade. A introdución dos parafusos nas vértebras require unha alta precisión e esta ferramenta ofrece maior seguridade aos pacientes”, subliñou Álvaro Martín Galego, neurocirurxán  do Hospital Vithas Vigo.

O sistema permite guiar, asistir, revisar e planificar procedementos cirúrxicos de columna. A realización deste está indicada para todo tipo de patoloxía de columna como hernias discais, lumbares, cervicais e dorsais, estenosis da canle raquídeo, deformidades e tumores de columna.

 

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un fuxitivo reclamado por Venezuela por estafar máis de 600.000 euros

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a un home que tiña en vigor...

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...