InicioSociedadeComesaña resalta a capacidade formativa do centro Povisa, onde impartiu clase durante...

Comesaña resalta a capacidade formativa do centro Povisa, onde impartiu clase durante 18 anos

Sinalou que "un dos motivos polos que este centro é referente en Galicia ten que ver coa profesionalidade e excelencia dun importante grupo humano"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, resaltou a capacidade formativa do centro de formació profesional Povisa, onde exerceu como docente durante 18 anos.

“Ao longo de 18 anos que impartín clase tería a oportunidade de formar preto de 350 alumnos e, nese tempo, puiden comprobar que un dos motivos polos que este centro é referente en Galicia ten que ver coa profesionalidade e excelencia dun importante grupo humano”, incidiu o titular de Sanidade, segundo recolle un comunicado.

García Comesaña participou este mércores no acto de titulación de técnicos superiores de Povisa, centro do que destacou a súa capacidade para formar profesionais sanitarios e achegarlles, ademais de coñecementos, os valores “éticos” que son “imprescindibles para desempeñar esta profesión”.

“A relación tan intensa que mantén o centro co hospital permite que os profesores sexan, na súa maioría, profesionais especialistas en cada unha das titulacións que se imparten e que as prácticas poidan realizarse no propio hospital”, engadiu o conselleiro, que felicitou aos alumnos pola titulación conseguida e aos profesionais polo seu traballo ao longo destes cursos.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...