InicioPolíticaRegades pide un "cara a cara" con Ana Pastor para que explique...

Regades pide un “cara a cara” con Ana Pastor para que explique porque “abandonou a provincia”

O PSdeG na provincia de Pontevedr propón a celebración de dous debates electorais, entre os candidatos socialista e 'popular' ao Congreso nas eleccións do 23 de xullo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario de Organización do PSdeG na provincia de Pontevedra, Luís Gómez Piña, dirixiu unha carta ao PP na que propón a celebración de dous debates electorais, entre os candidatos socialista e ‘popular’ ao Congreso nas eleccións do 23 de xullo, David Regades e Ana Pastor.

O PSdeG trasladou que os debates deben ser para “tratar exclusivamente sobre temas referentes á provincia de Pontevedra“, e sinalaron que este tipo de encontros “son sempre produtivos e poden contribuír a que as 950.000 persoas” que viven na provincia “poidan formarse unha idea clara das propostas” de cada partido.

Ademais, os socialistas trasladaron que estarían dispostos a outro debate entre todas as forzas con representación parlamentaria e que se presentan ás eleccións do 23 de xullo. En todo caso, apuntaron que aceptarán “calquera formato” que propoña o PP e os medios de comunicación ou foros públicos que se estimen oportunos, “co ánimo de non privar á cidadanía da necesaria confrontación de ideas sobre o futuro da provincia”.

“DEIXOU ABANDONADA A PROVINCIA E A CIDADE DE VIGO”

Pola súa banda, o candidato socialista, David Regades, nunhas declaracións remitidas aos medios, subliñaron que o PSdeG quere un ‘cara a cara‘ con Ana Pastor “para falar en clave de provincia e en clave de cidade de Vigo”. “Queremos saber por que deixou sen AVE a Vigo, deixando caducar o estudo de impacto ambiental; por que deixou Vigo sen saída sur; por que abandonou a cidade no problema da auga; e que opina de todas as infraestruturas que están en marcha e en xogo”, proclamou.

Regades lembrou que nos últimos comicios xerais Ana Pastor presentouse como candidata por Madrid, “porque abandonou a provincia e maltratou á cidade de Vigo”.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...