InicioSociedadeColas dun quilómetro na AP-9 na saída de Peinador o primeiro día...

Colas dun quilómetro na AP-9 na saída de Peinador o primeiro día de Mindtech, que coincide con folga do metal

PUBLICADO O

- Advertisement -

Decenas de condutores víronse atascados na mañá deste luns na AP-9 á altura da saída do Aeroporto de Vigo nun martes que coincide a inauguración da Feira Mindtech coa segunda xornada de folga do sector do metal.

Desde preto das 09,00 horas rexistráronse colas na autoestrada que obrigaron a decenas de coches a estar unha media hora parados na saída cara ao Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), onde leva a cabo Mindtech.

Ademais, os sindicatos convocaron concentracións ás portas das ditas instalacións, polo que centenares de traballadores do metal xa roldaban a zona sobre as 09,30 horas, dúas horas antes da inauguración da feira do sector.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...