InicioEconomíaVigo será o epicentro do debate europeo sobre o mar coa 'Conferencia...

Vigo será o epicentro do debate europeo sobre o mar coa ‘Conferencia EurOCEAN’

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia será o epicentro do debate europeo sobre o mar coa ‘Conferencia EurOCEAN’, que se celebrará en Vigo nos días 10 e 11 de outubro.

Segundo informou este venres a Consellería do Mar a través dun comunicado, o evento será celebrado no Auditorio Mar e reunirá a comunidade científica, responsables políticos e administracións de todos os niveis, así como representantes da industria e da sociedade para debater sobre os retos e oportunidades no ámbito do mar.

A ‘Conferencia EurOCEAN’ é o principal foro de encontro a nivel europeo sobre política e ciencia mariña. Reúne á comunidade científica e todas as partes interesadas coas persoas responsables polas políticas dos Estados Membros da UE para “considerar, discutir e contestar os novos desenvolvementos, desafíos e oportunidades en ciencia e tecnoloxía mariña”.

Ademais, o evento, que celebra a súa décima edición e intégrase a Axenda da Presidencia española da Unión Europea, busca reforzar a colaboración entre a Misión da UE para a restauración do océano e das augas continentais ata 2030.

A conferencia deste ano ten como lema ‘One Ocean, One Voice’ (un océano, unha voz) e ten como obxectivo acordar mensaxes craves para a comunidade científica internacional sobre “a necesidade de restaurar e salvagardar o bo estado do océano para as xeracións futuras” e “a sustentabilidade dos servizos que prestan os ecosistemas mariños mediante o fomento da investigación”, segundo sinalou a Consellería do Mar.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...