InicioSociedadeCoñece todo sobre a esclerose múltiple en Vigo

Coñece todo sobre a esclerose múltiple en Vigo

Mediante unha xornada informativa, varios profesionais respostarán ás dúbidas dos participantes sobre esta enfermidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (Avempo) organiza este xoves, día 8 de xuño, unha xornada informativa sobre esta enfermidade, que levará a cabo na Fundación Saes e que contará con profesionais de Neuroloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, como a neuróloga Elena Álvarez, o enfermeiro César Sánchez e a neuropsicóloga Marta Torrente.

Tal como informou Avempo, os especialistas ofrecerán resposta ás persoas con esclerose múltiple e ás súas familias sobre todas aquelas dúbidas que lles xurdan. Será a partir das 17:20 horas nas instalacións de Avenida de Europa,  onde está previsto que acuda o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...