InicioSociedadeCáritas Diocesana Tui-Vigo presenta as contas de 2022 cun gasto de máis...

Cáritas Diocesana Tui-Vigo presenta as contas de 2022 cun gasto de máis de 2 millóns de euros

Os gastos en primeira atención superaron os 730.000 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cáritas Diocesana de Tui-Vigo investiu máis de 2 millóns de euros durante o ano pasado co obxectivo de atender aos máis necesitados, segundo informaron en rolda de prensa o director do organismo, Gonzalo Davila, e o delegado episcopal en Cáritas, Javier Alonso.

Da súa Memoria de Actividades presentada este luns despréndese que os fondos que Cáritas recibe, tanto de entidades públicas como privadas ou de doantes particulares, investíronse en primeira atención, con máis de 746.000 euros, ademais de en infancia, adolescencia e familia, superando os 530.000 euros.

Pola súa banda, a institución tamén gastou máis de 95.000 euros en saúde e case 310.000 euros en emprego, ademais doutros 137.000 euros en voluntariado e acción no territorio. A cooperación internacionais (44.700 euros), a administración (77.700 euros) e os servizos complementarios (75.000 euros) foron outros gastos que Cáritas Diocesana Tui-Vigo tivo que afrontar en 2022.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...