InicioEconomíaO TSXG ratifica unha condena ao Porto de Vigo por vulnerar o...

O TSXG ratifica unha condena ao Porto de Vigo por vulnerar o dereito de liberdade sindical

A CIG incidiu en que este "non é un caso illado".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou un recurso de súplica presentado pola Autoridade Portuaria de Vigo e ratificou unha sentenza que condenaba ao organismo por vulnerar o dereito de liberdade sindical por “discriminar” a unha delegada da CIG nun proceso interno.

O alto tribunal galego rafica a nulidade dun nomeamento que, segundo a CIG, “fíxose a dedo” e tamén avala a correspondente indemnización a esta traballadora.

A sección sindical sinalou que esta resolución era “esperada”, xa que a cuestión “estaba ben clara”. “A Autoridade Portuaria, coa complicidade de UXT e CC.OO., sáltase sistematicamente o modelo de xestión por competencias co fin de vulnerar os dereitos das delegadas e delegados da CIG”, denuciou, e incidiu en que este “non é un caso illado”.

Por outra banda, criticaron que o Porto, con Jesús Vázquez Almuíña á fronte nese momento, recorrese a sentenza do xulgado do Social. Deste xeito, a indemnización incrementouse, porque o traballador que foi “mobilizado de maneira irregular” (cuxo nomeamento se anulou) segue no seu posto de xefe de servizo e percibindo a diferenza salarial que debería ser percibida pola delegada da CIG.

A CIG advertiu de que sería “unha irresponsabilidade” se o Porto volve recorrer, aínda que engadiu que non sería estraño porque “os mandatarios do PP deixan de lado a xestión dos recursos humanos, delegando as decisións nun secretario que adoita pensar que é amo e señor da Administración”.

Respecto diso, o sindicato denunciou que os dereitos dos delegados da CIG son “vulnerados continuamente”, e exércense “represalia” para tentar “intimidalos” e “limitar” a súa actividade.

Finalmente, a central afirmou que, “ante a gran cantidade de irregularidades que tiveron lugar na Autoridade Portuaria de Vigo nestes últimos anos”, non descarta “ir máis aló”, porque habería prácticas que “encaixan na definición da prevaricación administrativa”.

ÚLTIMAS

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona...

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...

Confirman a ocupación do castro das Hortas nas illas Cíes

A segunda campaña arqueolóxica no castro das Hortas, nas illas Cíes, confirmou que a...