InicioCulturaA Xunta e a UVigo lanzar unha curtametraxe para concienciar sobre a...

A Xunta e a UVigo lanzar unha curtametraxe para concienciar sobre a función dos insectos polinizadores

Tamén foi presentada unha exposición itinerante co mesmo fin

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo (UVigo) presentaron este xoves un vídeo para concienciar sobre a función dos insectos polinizadores e a necesidade da súa preservación.

Titulado ‘A illa dos polinizadores’ e producido pola UVigo en colaboración co Goberno galego, foi elaborado a partir dun cómic co mesmo nome realizado por Luís Navarro, Iván Arós e Sophie Drescher.

Trátase dunha curtametraxe de animación realizado co apoio e o asesoramento do equipo Divulgar do departamento de Bioloxía da UVigo, integrado por Miriam Álvarez, entre outros, que ten como obxectivo dar a coñecer o papel que xogan os insectos polinizadores no medioambiente e concienciar sobre a importancia de conservalos.

Ademais da peza audiovisual, tamén foi presentada unha exposición itinerante co mesmo fin. As dúas iniciativas enmárcanse no proxecto LIFE insular do que forma parte a Comunidade galega e que traballa pola preservación do hábitat das illas atlánticas.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...