InicioVigo e contornaVigoUn roteiro descubre o "renacer da cultura galega" no Vigo franquista de...

Un roteiro descubre o “renacer da cultura galega” no Vigo franquista de Paco del Riego

O escritor e director de edicións de Galaxia, Marcos Calveiro, será o guía dunha andania polos lugares vitais de Francisco García del Riego en Vigo.

PUBLICADO O

O proxecto Rutas de Historia (www.rutasdehistoria.gal) celebra o Día das Letras galegas cun roteiro polo corazón do Vigo cultural. Ese Vigo cultural que foi tecendo durante anos o homenaxeado neste 17 de maio de 2023, Francisco Fernández del Riego, e que supuxo o renacemento cultura da cultura galega no franquismo.

O roteiro, que terá lugar este sábado 20 de maio, descorre polas rúas máis céntricas de Vigo, partindo da estación de tren de Urzáiz, á que Francisco Fernández del Riego chegou, tras ser depurado como profesor universitario por ser galeguista e afecto a Fronte Popular, ao remate da Guerra Civil na procura dun xeito de gañar a vida naqueles tempos incertos e escuros. E Vigo sería xa para sempre o seu centro vital, ata a data do seu falecemento en 2010. 

A visita, guiada por Marcos Calveiro, escritor e director de Edicións de Galaxia –a empresa editorial fundada por del Riego–, percorrerá os seus espazos vitais mais tamén aqueles lugares máis senlleiros da historia da edición viguesa e galega. Así, visitarase o despacho do avogado Alvarez Gándara, ao Colexio Mezquita, pasando pola sede histórica da editorial Galaxia, a Fundación Penzol, ou o que foi o seu derradeiro domicilio na praza de Compostela. Tamén polos cafés e faladoiros onde se xuntaba con Cunqueiro, Xohán Ledo, Illa Couto e tantos outros.

“Será un percorrido vital individual, máis tamén colectivo, polo renacer da cultura galega tras anos asoballada, aquel soño galeguista, un país de Nós, que a Guerra Civil e a ditadura fascista quebraron pero que el, pero que don Paco del Riego, foi corcosendo con todos os farrapos que foi atopando, aquí, na terra, e no exilio en Buenos Aires e Montevideo”, destaca o guía, Marcos Calveiro. 

As persoas interesadas en participar neste roteiro, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, poden facelo na web de rutas de historia ( https://rutasdehistoria.com/tour/o-vigo-de-paco-del-riego-o-renacer-da-cultura-galega/)

O PROXECTO

Os roteiros de Rutas de Historia queren servir para fixar na poboación a idea de que as pedras, os vellos mosteiros, castelos e castros, ou as lendas de mouros e reis teñen unha importancia cultural fundamental para entender a idiosincrasia de Galicia e dos concellos que a conforman. Tamén para crear conciencia entre a veciñanza de que a historia e o patrimonio poden ser un valor engadido para a dinamización da economía local.

O proxecto Rutas de Historia naceu en 2017 da man do xornalista e profesor da USC, Xurxo Salgado, co obxectivo de poñer en valor a nosa historia. Desde entón e ata hoxe se teñen realizado máis de 40 roteiros. Na realización destas andainas, que están coordinadas polo portal www.historiadegalicia.gal, colaboraron representantes de importantes entidades de defensa do patrimonio como Mariña Patrimonio, Patrimonio Galego, Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Colectivo Capitán Gosende, colectivo A Rula, a Asociación Cultural Roxín Roxal ou a Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo. Tamén participaron arqueólogos como Xurxo Ayán ou Antón Malde e destacados divulgadores culturais e escritores de novela histórica como Anxo Angueira, Manuel Gago, Marcos Calveiro, Eva Mejuto ou Carmen Varela, entre outros.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...