InicioSucesosDetido un veciño de Vigo por distribuír heroína dende o seu domicilio

Detido un veciño de Vigo por distribuír heroína dende o seu domicilio

Esta actuación forma parte da `Operación Choke´ mediante a que se intenta acabar cos puntos negros de venda de droga na cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade como autor dun delito contra a saúde pública por vender droga dende o seu domicilio. A investigación iniciouse tras ter coñecemento da existencia dun punto negro de venda de estupefacientes na zona de Travesía de Vigo, polo que se despregou un dispositivo de vixilancia.

Así, a Policía puido comprobar que un home adicabase á venta de drogas a consumidores e intermediarios dende o seu domicilio, nas proximidades e na vía pública. Como resultado das pescudas, procedeuse á detención do sospeitoso, ao que se lle interviñeron varias doses de heroína.

Esta actuación enmárcase na chamada ‘Operación Choke‘, na que participan Policía Nacional e Policía Local de Vigo, cuxo obxectivo é a desarticulación de puntos negros de venda de drogas en diferentes lugares da cidade.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...