InicioPolíticaFernández-Tapias aposta por que "os vigueses recuperen o protagonismo" ante un "modelo...

Fernández-Tapias aposta por que “os vigueses recuperen o protagonismo” ante un “modelo socialista esgotado”

"É o momento de porlle fin aos personalismos", reivindicou a candidata do PP.

PUBLICADO O

A candidata do PP á Alcaldía de Vigo, Marta Fernández-Tapias, asegurou este xoves que as próximas eleccións municipais do 28 de maio son o momento para que “os vigueses recuperen o protagonismo” e poñan fin “a 16 anos dun modelo socialista esgotado”.

Así o sinalou a tamén presidenta dos ‘populares’ vigueses coincidindo coa pegada virtual de carteis, que tivo lugar na sede local do partido, horas antes do arranque oficial da campaña, que será no Farol de Urzaiz a medianoite.

Tapias mostrouse convencida de que o “hartazgo” que lle manifestan os veciños traducirase nun apoio á alternativa que presenta o Partido Popular, cunha candidatura que apela a un proxecto común “útil á cidade e garantía do viguismo de feitos e o viguismo económico”.

“É o momento de porlle fin aos personalismos”, reivindicou, subliñado que a única opción de que Vigo recupere a súa voz é “confiando ao PP o futuro da cidade”.

Ela defendeu o seu proxecto “integrador e participativo” e “libre, aberto e sen crispación”. “Un proxecto político que non sexa unha propaganda de si mesmo, que defenda a Vigo por encima das siglas, que poña á industria e á economía no centro e que permita avanzar á cidade sen imposicións”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...