Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela lograron salvar a un neno de 3 anos que se atopaba sen respiración despois de atragoarse con comida cando viaxaba en coche coa súa nai.
O suceso tivo lugar o pasado 28 de abril no centro da cidade olívica, onde unha patrulla observou á condutora dun vehículo estacionado na calzada, que se atopaba moi alterada e gritaba solicitando axuda porque o seu fillo se estaba afogando.
O neno estaba na parte traseira do vehículo. Os axentes colocárono boca abaixo e golpearon as súas costas para liberar a vía respiratorias que estaban obstruídas por comida.
O pequeno logrou toser con forza e expulsou os cereais que lle impedían respirar.
